Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Confirmación do inicio do Curso de Monitor/a de Tempo Libre

Fecha: 2017-11-17

O Concello do Grove confirma o inicio do Curso de Monitor/a de Tempo Libre o día 25 de novembro, así como anuncia o seu remate o 17 de marzo de 2018, despois de 200 horas teórico-prácticas. Esta actividade será impartida por AIKA formación. As persoas interesadas en participar que aínda non formalizasen a súa matrícula, poden facelo nestes días, pois as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

 

Segue ofrecéndose a axuda municipal para a xente nova empadroada no noso municipio e que dispoña do carné xove. Esta axuda supón o 50% do custo total do curso, que deste xeito queda en 125 €. O resto de participantes pagarán 250 €.

 

Quen aínda queira incorporarse ao curso deberá ter os 18 anos cumpridos o día do inicio e posuír o certificado escolar, FP, ESO ou algunha titulación superior.

 

Para formalizar a  matrícula hai que cubrir a ficha de  inscrición, presentar unha fotocopia do DNI, do título dos estudos presentados, do carné xove (se é o caso) e o xustificante de pagamento (hai facilidades). Antes de pagar deberán ter a confirmación do Concello de que teñen praza.