O Concello do Grove convoca unha nova charla sobre o PXOM en San Vicente
Fecha: 2017-11-23
Hoxe xoves, 23 de novembro, ás 20.30 horas na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder.
O Concello do Grove continúa cos traballos informativos sobre o PXOM. Nesta ocasión volverán abordarse os aspectos relativos á zona rural da vila logo de que se mantiveran ata cinco reunións nesta mesma zona nas que se recolleron impresións e opinións sobre o avance dos traballos. Nesta ocasión o alcalde do Grove presentaralles aos veciños e veciñas unha proposta totalmente avanzada na que se plasman gran parte das alegacións presentadas no mandato anterior, pero tamén todo o achegado nas reunións veciñais dos dous últimos anos.
Desde o Concello do Grove agárdase unha numerosa asistencia a esta convocatoria, o que permitirá confirmar a proposta elaborada e continuar cos traballos de información para que toda a veciñanza do Grove coñeza o documento.