Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove estuda mellorar o proxecto da avenida de Beiramar

Fecha: 2017-11-23

Estase a realizar unha valoración que permita estender a zona da obra e acometer melloras no abastecemento.

 

O Concello do Grove acometeu nos pasados días as obras de mellora da avenida de Beiramar na zona situada fronte a rotonda da praza do Corgo. A referida obra contaba cunha importante demora derivada da falta de autorización por parte de Portos de Galicia. Deste xeito, trátase dunha proposta que fora deseñada polo anterior equipo de goberno e que só contemplaba a mellora das beirarrúas –creando unha zona de bulevar– e o asfaltado. Seguindo a política habitual do equipo de goberno actual do Concello, tense traballado para mellorar a proposta para evitar acometer obras de “lavado de cara” e afrontar realmente as necesidades da vila.

 

Deste xeito estase traballando para que, a través de recursos municipais, se poida mellorar o sistema de abastecemento de augas e separación de pluviais e fecais facendo fronte ás necesidades e problemas reais que ten o Grove. Nos vindeiros días realizaranse as correspondentes valoracións permitindo non só esa mellora senón que a obra se estenda ata a zona da estación de autobuses.