O Concello do Grove acomete melloras no almacén municipal da rúa da Igrexa
Fecha: 2017-11-28
As instalacións, que levaban décadas sen recibir ningún tipo de mantemento; adecuaranse en comodidade e imaxe.
Dentro das melloras postas en marcha polo Concello do Grove dentro do Plan Concellos e grazas á axuda dos orzamentos municipais específicos, nos vindeiros días acometeranse melloras na nave municipal situada nas inmediacións do cemiterio na rúa da Igrexa. Dun xeito máis concreto mellorarase o chan e cambiarase o tellado dunhas instalacións de grande importancia, xa que albergan a maquinaria e vehículos de limpeza e mantemento. Grazas ao investimento de 46.689 euros previsto, este espazo público -que levaba décadas sen coidar a pesar de situarse nun lugar tan céntrico- verá mellorada a súa imaxe e tamén a súa operatividade. As obras comezarán nos vindeiros e agárdase que non demoren máis de dúas semanas sen que teñan incidencia no tráfico ou funcionamento do servizo.