Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove inaugura mañá a rúa Castelao cun acto cheo de música e historia

Fecha: 2017-12-14

  

O grupo Doce Vita será o encargado de amenizar a tarde.

 

A zona peonil da rúa Castelao acollerá mañá ás 20.00 horas un acto de inauguración que pretende incidir no proxecto de humanización que o Goberno do Grove ten previsto para o centro urbano. A actividade estará chea de música grazs á actuación do trío Doce Vita, do que forma parte o músico local Rafa Otero. No acto contarase ademais coa intervención de Paco Padin Sanmartín, que explicará aos asistentes datos de grande interese da historia da rúa coñecida como “A Catorse”.

 

Durante o desenvolvemento deste evento preténdese facer un especial recoñecemento aos comerciantes da que pasa a ser a principal arteria comercial da vila, ao tempo que se reivindica a importancia que esta humanización ten para o turismo. Para conmemorar esta importante data e incidindo na historia desta vía, expoñeranse ao longo desta imaxes antigas que amosan distintos períodos e modificacións polas que pasou a Catorse.