O curso de monitores de Tempo Libre do Concello do Grove ofrece obradoiros de Nadal gratuítos
Fecha: 2017-12-16
A actividade terá lugar este sábado de 17.00 a 18.30 na Escola Infantil do Monte da Vila
Dentro das actividades postas en marcha no curso de Monitores de Tempo libre que organiza o Concello do Grove, os estudantes que forman parte do alumnado deben poñer en práctica os coñecementos adquiridos e, máis concretamente, esta fin de semana demostrarán as habilidades adquiridas na materia “Expresión Plástica” que forma parte das 200 horas de formación que comprende este curso.
Deste xeito o vindeiro sábado, 16 de decembro, ofrecen obradoiros de Nadal de carácter gratuíto que están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 5 e 10 anos. Para participar tan só é necesario inscribirse a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada no segundo andar do edificio administrativo.