Francisco Carrillo gaña a o V Concurso de pintura Ernesto Goday
Fecha: 2018-01-15
O venres 22 de decembro xuntouse o Xurado nomeado polo Concello do Grove, para ditaminar o gañador/a do “V Concurso de Pintura Ernesto Goday”.
O Xurado, formado por José María Barreiro, José Ángel Rodríguez López (Gogue) e Carlos Álvarez Besada, despois de deliberar, acordou declarar, por unanimidade, como gañadora da presente edición a obra presentada baixo o título Sardinas, óleo sobre lenzo pegado a táboa de 140 x 120. O autor da obra gañadora resultou ser Francisco de Asís Carrillo Rodríguez, de Jaen
Así mesmo, o Xurado quixo destacar a grande calidade das obras presentadas a esta V Edición do Premio, o que dificultou a selección da obra gañadora.
Por ese motivo consideraron que, pola súa calidade, merecen unha mención especial as obras finalistas:
- Praia de Confín de Raúl Gil Rodríguez (San Adrián-Navarra) coa técnica mixta sobre táboa e 150 x 60 cm
- En dique seco de Jesús Costa Beiro (Sant Antonio de Vilamajor – Barcelona) coa técnica Acrílico e 130 x 97 cm
- Peirao do Grove de Manuel Carballeira Rivas (Valdoviñas- Ferrol) coa técnica Óleo sobre lenzo e 90 x 130 cm
- Tardes de verano de José Manuel Albarrán Pino (Bollullos del Condado- Huelva) coa técnica mixta sobre tea e 150 x 130 cm