O Concello do Grove colabora co colexio Valle-Inclán na divulgación da alimentación saudable
Fecha: 2018-01-24
O Concello facilitará a edición da guía realizada polos alumnos e alumnas deste centro.
O Concello do Grove colaborará co colexio Valle-Inclán nun proxecto vinculado á alimentación saudable. Trátase dun libro de “receitas” que os rapaces e rapazas deste colexio desenvolveron no marco do proxecto educativo anual que este ano denominan “Coas Máns na Terra”. Os alumnos e alumnas deste colexio teñen coñecido as propiedades das plantas, plantado unha horta con distintos produtos, coñecendo as características de cada un deles e incluso elaborado receitas para realizar comida máis saudable. Deste xeito, facilitarase a edición do seu traballo para que poida ser distribuido.
O colexio Valle-Inclán xa realizara un proxecto educativo temático no curso 2016-2017 vinculado co mar (“Vivir tocando o mar”), con moi bos resultados e recoñecementos pola súa calidade, cambiando este ano ao proxecto referido.