O Concello do Grove convoca o VII Concurso de Fotografía “A muller traballadora”
Fecha: 2018-01-30
O concurso é unha das actividades enmarcadas dentro dos actos do 8 de marzo.
O Grove, 30 de xaneiro de 2018. A Xunta de Goberno Local aprobou na súa reunión de onte as bases do VII Concurso de Fotografía que leva por título “A muller traballadora”. Trátase dun concurso que xa se atopa totalmente consolidado e que permite visibilizar o papel da muller na sociedade cumprimentando a grande variedade de actos que o Concello a través do Consello Local de Igualdade pon en marcha co gallo do 8 de Marzo, día Internacional da Muller traballadora.
O concurso ten, precisamente, como obxectivo “conmemorar a loita da Muller pola súa participación e igualdade de xénero na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa” polo que as imaxes que participen deben plasmar, coa maior creatividade e calidade, ese fundamental papel da muller.
Téñense establecidos tres premios de 300, 200 e 100 euros e o prazo de presentación estará aberto ata o vindero 23 de febreiro tendo que presentarse os orixinais por correo electrónico en formato dixital ou en formato impreso na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.