Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convida aos veciños e veciñas a lembrar as comparsas de “hai anos”

Fecha: 2018-01-31

O Concello quere adicar o Festival de Comparsas deste ano aos maiores do pobo que, décadas atrás fixeron grande o Entroido Meco.

 

O Grove, 31 de xaneiro de 2018. Logo de que o ano pasado o Festival de Comparsas do Grove estivera adicado aos mozos e mozas do Grove que están fora por traballo ou estudios, en 2018 preténdese que un dos eventos culturais máis importantes da vila amose o seu recoñecemento aos nosos maiores. Deste xeito a presentación das comparsas será feita mediante vídeos nos que xente individual e de distintos colectivos lembre as cancións das comparsas locais máis tradicionais e que sentaron as bases do que hoxe é o Entroido meco.

 

As gravacións serán realizadas dende hoxe e nos vindeiros días en distintas localizacións (Casa da Terceira Idade, Confraría, Vellos Tempos...) pero tamén se busca que todas aquelas persoas que lembren as letras e músicas máis antigas poida aportar o seu gran de area a este traballo de investigación e conservación polo que mañá xoves, 1 de febreiro, o equipo de rodaxe estará na Sala das Cunchas do Concello a partires das 16.00 horas agardando por todos aqueles que se queiran achegar.

 

Dende o Concello do Grove anímase a todos os veciños e veciñas (especialmente os maiores) a participar nesta iniciativa xa que permitirá conservar parte da historia local e contar con documentos gráficos e sonoros que son de importancia vital para comprender a grande tradición do Entroido na nosa localidade.