Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha a “reciclaxe” en soporte vital básico

Fecha: 2018-01-31

 Dende o día 29 téñense organizado os cursos para aquelas persoas que tiñan recibido formación en anos anteriores e que deben actualizar os seus coñecementos.

 

O Grove, 17 de xaneiro de 2018. Mestres, estudantes, membros dos corpos municipais de seguridade e monitores de actividades deportivas recibiron dende 2016 formación para actuar ante casos de parada cardíaca. Dentro do Plan de Atención a Morte Súbita posto en marcha polo Concello do Grove tense posto en marcha unha dinámica de traballo que busca garantir os requisitos esixidos para contar cunha vila cardio-protexida. Deste xeito, ademais do mantemento dos elementos técnicos (DESA) tal e como se informou nas pasadas semanas, é necesario realizar un esforzo na formación de persoas que poidan actuar e realizar uns primeiros auxilios efectivos neste tipo de episodios.

 

Nos pasados días desenvolvéronse sesións de reciclaxe para aquelas persoas que recibiron a capacitación en Soporte Vital Básico. Na mesma participaron axentes da policía local, monitores de clubes deportivos e persoal da Praza de Abastos refrescando os coñecementos adquiridos nas formacións anteriores. Isto supón cumprir cos requisitos adecuados para que o Plan posto en marcha conte con todos os garantes.

 

Tamén no ensino

 

Ao longo desa semana tamén se sumaron á formación en SVB os mestres do Colexio Conmeniño, que asistiron a o correspondente curso para sumarse ás case 700 persoas do Grove que xa contan con habilidades ao respecto