O Concello do Grove anuncia a apertura das tres pistas de padel municipais do Monte da Vila
Fecha: 2018-02-05
O uso durante o primeiro mes será gratuíto.
O Grove, 5 de febreiro de 2018. O Concello do Grove pon a disposición dos veciños e veciñas as novas pistas de padel municipais. As tres pistas poderán empregarse en horario de 9.00 a 22.30 horas de luns a domingo e, neste primeiro mes de uso, tan só será necesario inscribirse no teléfono 607540506. A atención aos usuarios nese teléfono será realizadas de 9.30 a 21.00 horas.
A boa acollida que están tendo estas novas instalacións deportivas queda constatada con alto nivel de demanda que xa se está rexistrando nese número de teléfono con reservas que ocupan a totalidade das franxas horarias (mañá e tarde). O Concello está poñendo en marcha a contratación dos monitores que se encargarán de xestionar este espazo e lembra que o seu uso pasará a ter un custo de 10 euros por hora e media o que as convirte nas máis baratas da zona.
O Concello tamén valora moi positivamente a boa aceptación das instalacións polos afeccionados e profesionais do deporte que incidiron na calidade das instalacións