Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

10 comparsas participarán no Campionato do Mundo do Entroido do Grove 2018

Fecha: 2018-02-05

As inscricións pecháronse no día de hoxe e foron 11 as solicitudes presentadas.

 

O Grove, 5 de febreiro de 2018. Esta mañá pechouse o prazo de inscrición para participar no Festival de Comparsas do 2018. En total foron 11 as inscricións presentadas das cales 10 correspondían a comparsas do Grove e 1 a unha comparsa de fora do Grove. Deste xeito as dez participantes deste ano serán agrupacións locais (segundo establecen as bases do concurso) que competirán polo título mundial o vindeiro sábado, 10 de febreiro a partires das 21.00 horas no pavillón de deportes do Monte da Vila.

 

Trátase do primeiro ano dende que o Festival de comparsas tomou este formato no que se chega a unha cifra de 10 comparsas locais participantes (o pasado 2017 foron 9 os grupos locais) o que dá unha idea da importancia que tivo, ten e terá o Entroido do Grove. O concurso de comparsas reparte 5.500 euros en premios e, ademais, a comparsa gañadora conseguira a copa que a acredita como “Campiona do Mundo”.

 

O Festival de Comparsas tamén contará con máis sorpresas, con algunha outra comparsa invitada e unha homenaxe aos maiores da localidade que fixeron grande este Entroido.

 

Lémbrase que as entradas para asistir ao evento poñeranse a venda o mesmo sábado a partires das 11.30 horas a un prezo de 4 euros e que só se poden adquirir 4 por persoa. As comparsas tamén poderán escoitarse durante todo o Entroido nas rutas que realizan polos bares e locais do Grove facendo deste entroido un do máis importantes de Galicia.

 

Sorteo de comparsas

 

Para dirimir a orde de actuación das comparsas, mañá martes 6 de febreiro ás 20.30 horas celebrarase un sorteo público na Sala das Cunchas do Concello do Grove. As comparsas participantes contarán cun máximo de 25 minutos dende que suban ata que baixen do escenario para lucir o seu disfraz, a súa música, as súas letras e a súa interpretación e bo humor.  Un xurado composto por 12 membros será o encargado de realizar a difícil tarefa de valorar as comparsas.