Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove inicia traballos de ampliación e mellora da Aldea Grobit da Illa da Toxa

Fecha: 2018-02-06

A Aldea contará cunha nova casa Grobit na contorna do Parque Infantil.

 

O Grove, 6 de febreiro de 2018. A Aldea Grobit da Illa da Toxa, un dos puntos do Grove que se ten convertido indiscutible lugar de atracción para o turismo familiar, atópase nestes días en construción xa que as casas que rodean o parque veranse aumentadas cunha nova edificación. Trátase dunha nova vivenda para os Grobits realizada en pedra e que foi comezada onte gracias aos traballos dos operarios municipais.

 

Neste caso trátase dunha edificación visitable que ocupará un lateral do actual parque infantil e que completa as edificacións pechadas existentes. O Concello do Grove quere así incrementar o ámbito deste recuncho do Monte Central con máis contidos e historias para os pequenos, mellorando os xa bos comentarios e valoracións que os usuarios realizan da Aldea Grobit.