Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Vellos Tempos celebra o Día de Rosalía

Fecha: 2018-03-07

O servizo de Vellos Tempos en Virxe das Mareas e nas Valadas dedicou a xornada a escritora Rosalía de Castro con actividades, poesía e “caldo de gloria”.

 

O pasado venres 23 de febreiro, Vellos Tempos contou coa visita do responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove e sumouse  á iniciativa da Fundación Rosalía de Castro para conmemorar o Día de Rosalía de 2018. Así, para celebrar o aniversario da escritora máis universal da lingua galega, os participantes de Vellos Tempos cociñaron o “Caldo de Gloria”, inspirado no seu poema “Miña casiña, meu lar” de Follas Novas no que a poetisa explica como facer un caldo humilde, transmitido a diaria supervivencia dos fogares galegos menos favorecidos.

 

Ademais desta conmemoración gastronómica os participantes en Vellos Tempos realizaron actividades vinculadas coa figura de Rosalía, confeccionando un mural, escoitando unha charla relativa á traxectoria vital e creativa da homenaxe e incluso recitando poemas ou escoitándoos musicados da man de Amancio Prada ou Narf.

 

Debe destacarse a colaboración do Supermercado O Bicho de o Bar Blanco que contribuíron para facer posible esta actividade.