O Concello do Grove convoca a VI Edición do Concurso de Pintura Ernesto Goday
Fecha: 2018-03-15
O premio está dotado con 3.000 euros.
O Concello do Grove, contando co patrocinio da Deputación de Pontevedra, pon en marcha a VI edición do prestixioso Concurso de Pintura Ernesto Goday. O premio, convocado en memoria do insigne pintor local Ernesto Goday, está dotado con 3.000 euros. Así mesmo, grazas á colaboración establecida coa Asociación Española de Pintores e Escultores (AEPE), o premiado ou premiada tamén recibirá un diploma e a medalla desta institución da que Goday formou parte.
Neste certame pode participar calquera persoa maior de idade que presente unha obra figurativa, inédita e orixinal da súa autoría, cunhas dimensións comprendidas entre 60x50 e 150x150, realizada con técnica libre. A temática terá que estar relacionada coa paisaxe natural e urbana do Grove e as súas xentes. As persoas interesadas en participar, poderán facer a súa inscrición achetando unha fotografía da obra en formato dixital acompañada da correspondente folla de inscrición, que xa está dispoñible na web do Concello. O prazo remata o 30 de setembro de 2018.
O xurado, composto por profesionais do mundo da arte, realizará unha preselección que se lles comunicará ás e aos interesados no mes de outubro. Os artistas seleccionados deberán enviar as súas obras, que formarán parte da exposición do concurso e do correspondente catálogo de 2018. Desa preselección sairá a obra gañadora desta edición.