Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove volve e poñer en marcha o programa de Andainas

Fecha: 2018-03-20

Coa chegada da primavera, poderá volverse a participar nestas actividades tan demandadas.

 

O vindeiro domingo, 8 de abril, volverán a poñerse en marcha as tan agardadas Andainas da Concello do Grove. Para comezar o programa previsto para os vindeiros meses a primeira das actividades ofertadas é un percorrido de 12 quilómetros pola senda fluvial de Mondariz Balneario. Neste caso trátase dunha ruta circular que comeza e remata no mesmo punto e que transcorre por unha paisaxe de gran beleza.

 

A saída está prevista ás 8.00 horas desde a estación de autobuses e a Andaina ten un custo de 24 euros, que inclúe o transporte á ruta e a comida. As persoas interesadas tan só terán que inscribirse na axencia de viaxes Vionta.