Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca aos veciños e veciñas de Estonllo, Meloxo e Campos a unha reunión sobre o PXOM

Fecha: 2018-03-21

O vindeiro xoves ás 20.30 horas no Colexio Conmeniño.

 

O Concello do Grove convoca de novo aos veciños e veciñas do Grove para seguir avanzando na elaboración do PXOM definitivo. O vindeiro xoves, 22 de marzo, ás 20.30 horas terá lugar unha sesión informativa relativa ás zonas de Estonllo, Meloxo e Campos nas que se expoñerán os planos relativos a eses lugares logo de recoller as propostas realizadas nas dúas reunións anteriores.

 

Reiteramos que os planos de todas as zonas da localidade xa foron expostos nunha primeira volta todos os veciños e veciñas da localidade nas reunións abertas. A partir de entón procedeuse a unha nova volta de reunións que se está completando pouco a pouco e que permitirá valorar se os cambios, consideracións e comentarios propostos foron recollidos de xeito adecuado.