Igualdade e Benestar valora como un éxito o II encontro de persoas maiores
Fecha: 2008-11-24
O encontro organizado pola Concellería de Igualdade e Benestar en colaboración coa asociación de xubilados e pensionistas, cumpiu as espectativas xeneradas. O tenente de alcalde afirmou que o evento queda consolidado despois do exito deste domingo, “o traballo destes últimos meses foi rentabilizado por todos os maiores.”
Centos de persoas gozaron dos bailes tradicionais a cargo de Paradanda, da charla exposta por Francisco Meis sobra A Toxa dos vosos recordos, da exposición O Grove Femenino Plural, do xantar e do baile amenizado por Carlos Otero, e tamén da coral e das pandereteiras da asociación de xubilados e pensionistas. O tenente alcalde agradeceulles ás empresas colaboradoras a súa participación no evento e convidounas a participar na edición do 2009, na que xa se comezará en xaneiro coas novas ideas e melloras da festa. Pero tamén felicitou os membros da asociación de xubilados pola sua implicación no encontro: “Os maiores participaron comigo nas xuntanzas con empresas e na propia organización do evento, isto é o máis importante. Non só é ir comer e punto, existe un importante traballo por detrás máis no propio encontro tivemos unha charla na que eles son os protagonistas, unha exposición sobre a traxectoria das nosas mulleres, unha misa, unha actuación de baile tradicional, etc.”.