Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove organiza o I Faladorio sobre ‘A saúde das mulleres’

Fecha: 2018-03-28

O vindeiro martes, 3 de abril a Casa da Cultura acollerá esta actividade organizada dentro dos actos do 8M.

 

O Concello do Grove acollerá o vindeiro 3 de abril entre as 19.00 e as 21.00 horas da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey unha actividade organizada dentro do programa de conmemoración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. Trátase do I Faladoiro sobre “A saúde das mulleres”, que será impartido por Lola Ferreiro Díaz, médica e feminista galega.

 

Esta actividade parte da idea do mal trato dado á saúde das mulleres por parte do sistema sanitario –desde a práctica ausencia de investigación concreta sobre os seus malestares ata a falla de diagnoses e tratamentos específicos–. Deste xeito, constatouse como a saúde foi considerada sempre desde un único modelo (masculino), o que supuxo un claro prexuízo para o benestar feminino. A charla pretende, por tanto, ser unha vía para analizar esa realidade, ao tempo que permitirá compartir experiencias sobre os malestares e benestares femininos.

 

A actividade é aberta e de balde e só é preciso inscribirse a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM). No caso de precisar conciliación, poderá asistirse acompañado dos nenos e nenas, xa que na mesma sala se habilitará un espazo de xogo “silencioso”.