O Concello do Grove participa na Gala de entrega de Premios Youtubeir@s
Fecha: 2018-04-19
O acto terá lugar hoxe venres ás 20.00 horas no Teatro Colón da Coruña.
O Grove, 20 de abril de 2018. O Alcalde do Grove acudirá este venres á gala de entrega dos premios Youtubeir@s 2018 na Coruña. Logo da boa acollida que este concurso tivo na súa segunda edición do Grove, hoxe venres, ás 20 horas coñeceranse os gañadores e gañadoras. En total son 25 os finalistas que aspiran aos galardóns entre os 230 participantes.
A compañía teatral “A Panadaría” (Gañadora neste 2018 do premio María Casares de Teatro) será a encargada de exercer de mestra de cerimonias neste acto que, segundo informaron, xirará entorno á xeración millennial. O Alcalde do Grove será o encargado de entregar un dos oito premios que se entregarán, en concreto o relativo á categoría “Calidade Lingüística”.
Lembraos que esta iniciativa, que pretende contribuír a que o galego estea presente nas redes sociais, foi posta en marcha polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo e O Grove, polas Universidades da Coruña, Santiago e Vigo e pola Deputación da Coruña.
A participación e os premios
Nesta segunda edición, rexistráronse un total de 230 inscricións entre vídeos e canles participantes nas categorías de vídeo-facermos, vídeo-opinarmos ou canle, dotadas con 1.000€ cada unha. Tamén se entregarán catro premios máis valorados en 500€ cada un e que recoñecerán a creatividade, a eficiencia comunicativa, a calidade técnica e a calidade lingüística dos vídeos presentados. Darase a coñecer tamén na gala o premio do público que xorde dos vídeos propostos polas persoas usuarias de YouTube. Nesta edición, a categoría que maior interese concentrou entre os concorrentes foi a de vídeo-facermos, na que compiten un total de 116 propostas, o cal representa o 50% dos vídeos a concurso. Mentres, a categoría de vídeo-opinarmos aglutina o 38%, ao constar con 88 participantes