Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca ás asociacións culturais para presentar o proxecto de execución do Auditorio Escola de Música

Fecha: 2018-04-20

 

A reunión terá lugar o vindeiro martes, 24 de abril ás 20.30 horas na Sala das Cunchas.

 

O Grove, 20 de abril de 2018. Logo de informar aos voceiros municipais sobre as modificacións que foi preciso levar a cabo no proxecto de execución e, polo tanto, proxecto definitivo do Auditorio Escola de Música, o Goberno Local quere facilitar a información directamente as asociacións culturais. Deste xeito tense convocado unha reunión na que os técnicos do proxecto presentarán os planos finais que están sendo actualmente valorados polo equipo técnico da Deputación de Pontevedra.