Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca ás asociacións culturais a unha nova reunión para falar do proxecto de execución do Auditorio Escola de Música

Fecha: 2018-04-26

 

 A reunión terá lugar o venres 27 de abril, ás 21:30 h na Sala das Cunchas 

 

O Grove, 26 de abril de 2018.- Dado o carácter técnico da reunión mantida o pasado martes coas Asociacións Culturais da Vila e o tempo que ocupou a mesma, téñenseme trasladado dúbidas que deixan de manifesto que houbo aspectos relativos á xestión do auditorio que non quedaron adecuadamente explicados.

 

Por esta razón o Concello do Grove quere volver a reunir ás Asociacións Culturais para aclarar estas cuestións.

 

 A reunión terá lugar mañá, venres 27 de abril , ás 21.15 horas na Sala das Cunchas.