Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove organiza o IX Campionato do Mundo de Chave por equipos, que se terá lugar na praia de Peralto

Fecha: 2018-05-07

 

A presentación tivo lugar hoxe luns na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

 

O Concello do Grove será o encargado de organizar a IX edición do Campionato do Mundo de Chave por equipos en colaboración coa asociación “Consorcio de empresas O que ti digas cariño”. O evento terá lugar o vindeiro sábado, 12 de maio na praia de Peralto e xa conta con 50 equipos, o que supón 200 xogadores. Tendo en conta que na pasada edición foran 38 os equipos participantes, desde o Concello do Grove considérase esta actividade deportiva un rotundo éxito xa antes de comezar.

 

O amplo número de participantes fixo necesaria a construción de novas “chaves”, o que suporá que a praia acolla 10 campos de “tiro á chave”. O campionato comezará as 15.30 horas e calcúlase que se alongará ata as 19.00 horas cunha festa posterior para os participantes. Lembramos que o trofeo deste Campionato do Mundo –cunha representación da familia mariscadora-, pasará ao equipo gañadora desta edición. Aquel equipo que consiga ser gañador durante tres edicións quedará con el en propiedade.

 

Agárdase que O Grove se converta o sábado na “capital mundial da chave”, con equipos que se desprazan desde moitos puntos de Galicia e que fan que este evento sexa máis importante ano tras ano. O atractivo da proba celebrada na praia, pero na zona urbana da vila, converten este campionato nunha proba que esperta moito interese.