Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca a veciñanza de Alexandre Bóveda para informala das obras previstas na súa rúa

Fecha: 2018-05-09

 

A reunión terá lugar mañá xoves ás 21.00 horas na Sala das Cunchas.

 

Seguindo a dinámica habitual, o Concello do Grove convoca os veciños e veciñas da rúa Alexandre Bóveda, concretamente os do tramo que vai desde o cruzamento coa rúa Castelao ata o cruzamento coa rúa Conchases, para informarlos do proxecto previsto para a zona. Trátase dunha das rúas do centro urbano que se atopa en malas condicións e a intención é realizar melloras no relativo a subministración, asfaltado e embelecemento.

 

As obras atópanse na etapa final de adxudicación, co que a previsión é que comecen a última semana de maio e rematen a primeira semana de xullo. A actuación está orzamentada en 240.000 euros con cargo á préstito solicitado polo Concello do Grove. Na reforma mantéñense as prazas de aparcadoiro e as cargas e descargas da zona e a novidade está no sentido único que se lle dará a esta vía en dirección a Terra de Porto. Toda a calzada irá en plataforma, cumprindo cos actuais criterios de accesibilidade, e esteticamente manterase a liña marcada pola rúa Castelao, aínda que esta manteña o tránsito de vehículos.

 

Incídese en que só se acometen obras neste único tramo, ao tempo que se poñen en marcha as accións necesarias para o seguinte tramo da rúa de cara á súa presentación a unha nova liña de axudas da Deputación de Pontevedra para este tipo de actuacións.