Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convida a todos os veciños e veciñas a participar na Festa do Días das Letras Galegas na rúa Castelao

Fecha: 2018-05-16

Libros, música, contos e bo ambiente para celebrar o día das nosas letras.

 

Ademais das actividades que se levan desenvolvendo durante este días, mañá 17 de maio celebrase na rúa Castelao a tradicional Festa do Día das Letras Galegas. A partir das 11.00 da mañá os libreiros locais instalaranse nesa zona con ofertas para adquirir libros en galego. Ás 11.30 hora os contacontos de Xarope Tulú serán os encargados de entreter a cativada que se achegue ata a Catorse e, a continuación, poetas locais estrearanse na I Recital Poético das Letras Galegas de Letraenxebre. Finalmente será Paradanda-Mecos quen achegue música galega á celebración. A rúa Castelao estará decorada cunha mostra alusiva á vida e obra da homenaxeada nesta edición das Letras Galegas, María Victoria Moreno.

 

Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas a praza do Corgo acollerá a VIII Festa das Letras de Cantodorxo con xogos e actividades para os máis pequenos. Desde o Concello do Grove tamén se anima aos mecos e mecas a que participen nesta actividade e nas previstas para o resto de mes de maio, totalmente centrado na celebración da nosa lingua.