Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Reserva de praza na Escola de Persoas Adultas e na Escola de Maiores

Do día 16 ao 22 de setembro poderase facer a reserva de praza para a Escola de Persoas Adultas (cursos de graduada/o en ensino secundario) e para a Escola de Maiores (educación básica para persoas xubiladas ou pensionistas).

As persoas interesadas poden pasar pola escola infantil do Monte da Vila (rúa Monte da Vila, 18) de 6 da tarde a 10 da noite para cubriren o formulario de reserva. Deberán traer dúas copias do seu DNI coas dúas caras do documento no mesmo lado da folla.


Todas as novas