A Festa do Marisco presentarase este ano en Dublín
Fecha: 2018-05-25
O cociñeiro Álvaro Fuentes do restaurante Meloxeira será o encargado de presentar o evento diante dos xornalistas da cidade irlandesa.
O vindeiro 13 de xuño terá lugar en Dublín a presentación da Festa do Marisco 2018. O evento celebrarse nesta cidade, que ten conexión aérea directa desde Galicia, contando coa colaboración de Turespaña, que se encargou de tramitar o convite do acto. Nete participarán ata 40 medios de comunicación e contará coa correspondente presentación institucional por parte do alcalde do Grove e a concelleira de Turismo e unha posterior mostra de cociña en vivo. O encargado este ano de exercer como embaixador da cociña meca será o cociñeiro Álvaro Fuentes, do restaurante Meloxeira.
A presentación do Concello do Grove celebrarase na Cooks Academy o día 13 ás 18.00 horas. Pero a promoción realizada este ano a nivel internacional verase complementada coa participación do Grove na Feira Gastronómica máis importante de Irlanda. Trátase do “Taste of Dublín”, un evento que recolle o mellor da cociña irlandesa e internacional e no que se dan cita chefs de recoñecido prestixio, ademais de presentarse como un laboratorio da nova gastronomía. O día 14 será Álvaro Fuentes quen participe nunha da sesións destinadas a promocionar a unha demostración de cociña na que se promoverá a Festa do Marisco.
Ambas as actividades supoñen un verdadeiro pulo para a promoción internacional da Festa do Marisco, seguindo a liña marcada nos anos anteriores. Debe reiterase a importancia de destinos como Dublín, cunha conexión directa con Galicia que permite que os visitantes daquela zona poidan desprazarse ao Grove en calquera época do ano, incluída a Festa do Marisco. O Concello xa está ultimando os detalles da presentación, que constará con produto de local de primeira calidade e material promocional específico para a ocasión.
Máis información sobre o Festival>