Talasoterapia 2018
Fecha: 2018-06-08
Persoas beneficiarias e requisitos:
-
Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
-
Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
-
Non padecer alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
-
Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos de talasoterapia.
-
Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos talasos e quenda solicitada.
Servizos e prestacións que se inclúen:
-
Estadía de 6 días, cinco noites (de domingo a venres).
-
Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
-
Acceso diario ao circuíto mariño
-
Póliza colectiva de seguro turístico
Prazo de presentación: ata o día 31 de xullo de 2018
Maís información: SERVIZOS SOCIAIS CONCELLO DO GROVE, rúa do Matadoiro s/n. Tlf.: 986 733 334.