O Concello do Grove colabora na celebración do ‘Día do Pensionista’
Fecha: 2018-06-26
A celebración terá lugar o vindeiro domingo, 1 de xullo ao mediodía e coincide coas Festas do Sagrado Corazón en San Vicente.
O Concello do Grove colabora na organización das celebracións do “Día do Pensionista” coa Asociación de Xubiliados e Pensionistas do Grove “Asxupen”. As actividades terán lugar o vindeiro domingo, 1 de xullo na propia Casa da Terceira Idade da Praza do Corgo onde terá lugar unha misa. Posteriormente preparase unha paella para os participantes que será amenizada con música.
Sagrado Corazón
O Concello tamén colabora coas Festas do Sagrado Corazón que se celebran en San Vicente e completa a programación prevista pola comisión e organizadores do evento coa actuación, en horario de tarde-noite do grupo local Os Firrás.