Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove peonalizará a Rúa da Barrosa

Fecha: 2018-07-06

Trátase dunha demanda veciñal que tenta solventar os problemas que se producen nesa rúa debido ao inadecuado uso por parte dos vehículos.

 

O Concello do Grove procederá nos vindeiros días a colocar un pivote (neste caso manual) no acceso a Rúa da Barrosa en San Vicente do Mar. Trátase da rúa onde se ubica o coñecido establecemento “Náutico” que acolle unha importante programación musical durante o verán. Ao mesmo tempo esta rúa supón un dos puntos de chegada ao paseo de madeira que percorre esta zona do Grove, ademais de contar cunha zona residencial composta por varias vivendas. Todo isto supón que, especialmente durante o verán pasado, se teñan rexistrado numerosas incidencias vinculadas coa presenza de vehículos nesa zona.

 

Por todo isto, e atendendo a unha demanda dos propios veciños e veciñas, o Concello situará un pivote con chave (con sistema manual) que pechará a rúa ao tráfico e que só permitirá o acceso aos residentes e para os servizos habituais de carga e descarga. Debe terse en conta que esta medida é aplicada tendo en conta a preparación, por parte de empresas privadas, de terras nas proximidades para permitir o aparcamento dos visitantes que se acheguen aos establecementos da zona.