Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Prazas completas para a Andaina do Concello do Grove á Illa de Sálvora

Cento cinco persoas gozarán desta actividade ao aire libre.

O Concello do Grove acaba de pechar as prazas para a andaina prevista á Illa de Sálvora dentro das actividades de verán deste municipio. A data prevista era o sábado 18 de agosto, pero a gran demanda rexistrada fixo necesario cambiar de data ao domingo 19 de agosto, o que permitiu así pasar de 50 a 105 prazas.

Unha vez máis queda confirmada a boa acollida coa que contan este tipo de actividades, que pretenden conseguir a práctica de deporte e hábitos de vida saudable entre a veciñanza da localidade.

Logo desta andaina haberá que agardar ao mes de setembro, cando está prevista unha visita ás Illas Cíes, pero cuxa data aínda está pendente de confirmación.


Todas as novas