Bolsa de Emprego Festa do Marisco 2018. Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Categoría: 'responsable de almacén'
Fecha: 2018-08-02
Detectado un erro na lista provisional de persoas admitidas e excluídas para a Bolsa de Contratación de Persoal Laboral Temporal para a Festa do Marisco 2018, publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas para a categoría de responsable de almacén, que non estaba na primeira publicación.
O prazo para a presentación de corrección de documentación para esta categoría de responsable de almacén é tamén de 5 días hábiles: do 3 ao 9 de agosto.
O prazo para o resto das categorías mantense ata o 7 de agosto.