Comezan as clases de pádel nas pistas municipais
Fecha: 2018-08-03
As clases teñen horarios dispoñibles todos os días da semana.
Tal e como estaba previsto, nos vindeiros días darán comezo as clases de pádel nas pistas municipais do Monte da Vila. Trátase dun servizo máis que o Concello do Grove lle ofrece á veciñanza para que non só aquelas persoas que xa tiñan coñecementos sobre este deporte gocen das pistas senón que calquera interesado poda iniciarse nesta disciplina.
A oferta de clases contempla clases individuais, de dúas persoas ou de tres a catro persoas unha hora semanal cunha tarifa por persoa que diferencia entre o horario de mañá-tarde (de 9.00 a 18.00 horas) ou de tarde-noite (18.00 a 23.00 horas). Deste xeito os prezos (por persoa) oscilan entre os 50 euros ao mes para a clase individual na primeira quenda e 90 euros na segunda; os 20 euros ao mes para as clases de 2 persoas en quenda de mañá-tarde e 35 euros na de tarde-noite e de 15 euros ao mes para as clases de 3 a 4 persoas en primeira quenda e 30 euros ao mes para a segunda quenda.
Tamén se contempla a posibilidade de solicitar clases soltas (por 25 euros a clase) e existen prezos especiais para a denominada “Escola de Nenos” destinada a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos, que contarían cun prezo de 12 euros ao mes por unha clase semanal. Para inscribirse tan só é preciso chamar ao teléfono 607 540 506 ou facelo nas propias pistas.
Ademais disto, o Concello tamén informa de que durante o mes de agosto as pistas permanecerán pechadas o sábados e domingos pola tarde.
Prezos clases de pádel O Grove
