COMUNICADO
Fecha: 2018-08-03
O Concello do Grove quere trasladarlle o seu máis sentido pésame á familia do falecido esta mañá no CHUAC da Coruña tras o accidente do Boromar acontecido o pasado 24 de xullo.
Desde O Grove manifestamos a nosa dor pola perda e agardamos a pronta recuperación da compañeira que segue grave.
Unha vez máis, nestes momentos de dor, queremos agradecer a colaboración de veciños e veciñas e de forzas de seguridade que evitaron que a traxedia fose maior.
A Corporación Local do Concello do Grove
