Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove colabora coa campaña de doazón de sangue

Fecha: 2018-08-07

 

A campaña solidaria #sumatedoasangue achegarase ao Grove este martes e mércores.

 

O Concello do Grove e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) volven colaborar para impulsar a participación nas campañas de doazón de sangue, divulgando o labor dos hospitais onde se precisan preto de 10.000 doazóns cada mes para atender as necesidades destes centros.

 

Atendendo á complexidade que supón conseguir doadores de sangue no período de verán, o Concello ten feito un especial esforzo por animar a veciñanza a colaborar nestas datas facendo un envío previo dunha carta informativa sobre esta campaña solidaria. Para doar sangue tan só é preciso ter entre 18 e 65 anos e pesar máis de 50 quilos. O persoal sanitario revisará o estado de saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil antes de levar a cabo a doazón.

 

As persoas que queiran colaborar poderán achegarse á unidade móbil hoxe martes 7 e mañá mércores 8 de agosto, que estará situada na praza do Corgo en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

 

O Grove, no bo camiño como doador

 

O Grove acadou unha taxa de 67 doazóns por cada 1.000 habitantes no ano 2017 e o obxectivo é manter a participación dentro das cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (entre 40 e 60 doazóns por cada mil habitantes). Desde o Concello do Grove agradécese o xesto solidario das persoas que teñen participado, que permiten que os hospitais conten con recursos para atenderen enfermos de cancro e leucemia, ademais dunha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.