Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Presentación do curso 2010-2011 na Escola de Persoas Adultas

Fecha: 2010-09-21

Foto de libros

Este venres 24 de setembro farase a presentación do Curso Escolar 2010-2011, especialmente para o novo alumnado, na Escola de Persoas Adultas do Concello do Grove (aula da escola infantil do Monte da Vila).

 

Das 18.00 h en diante, en quendas de aproximadamente media hora, daranse explicacións sobre o funcionamento da escola, horarios, calendario e método de traballo.

 

Tamén se recollerán durante as tardes do martes, mércores e venres as inscricións daquelas persoas que aínda non estean anotadas. Deberán traer:

  • certificado de estudos (os antigos alumnos/as non o necesitan)
  • 2 fotocopias do DNI
  • 3 fotos carné (os antigos alumnos/as, 2 fotos e mais o carné vello)
  • 1 fotocopia da tarxeta sanitaria ou da Seguridade Social (todo o mundo, incluso quen xa estea pre-inscrito)
  • 2 euros (cambiados) para pagar o sobre de matrícula
  • as persoas menores de 28 anos que se van matricular en 3.º ou 4.º tamén achegarán 1,12 euros para o seguro escolar.

 

As clases comezan o luns 27 de setembro.