Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Festa do Marisco na revista da compañía aérea Air Europa

Fecha: 2018-08-08

 

O número do mes de agosto da publicación de a bordo dedica unha reportaxa á “cita gastronómica máis importante de España”.

 

A revista da compañía aérea Air Europa recolle no seu número do mes de agosto unha reportaxe dedicada á Festa do Marisco. A publicación Europa é unha revista de carácter gratuíto que se distribúe entre os viaxeiros da compañía en todos os seus voos. Isto supón que o exemplar teña unha audiencia potencial de 1.400.000 persoas ao mes o que equivale aos viaxeiros da compañía segundo datos de AENA.

 

Ademais do anterior, a compañía viaxe a 25 países de América, 12 de Europa (ademais de 1 e Asia e outro en África) e, por suposto, a 29 destinos dentro de España. Isto supón que a Festa do Marisco volve contar cun pulo no referido á promoción e difusión que, ademais, incide nos criterios de internacionalización nos que leva moitos anos traballando. A todo o anterior engadimos a peculiaridade de que esta publicación chega, maioritariamente, a persoas de entre 35 e 54 anos, que son precisamente as que se sitúan como público obxectivo da nosa Festa, polo que esta promoción resulta de grande interese para os obxectivos deste evento.

 

A reportaxe destaca as beleza e gran diversidade de puntos turísticos da localidade, ao tempo que incide na especial importancia da Festa do Marisco. A calidade e peculiaridade do sabor do marisco do Grove son os elementos que se consideran fundamentais para non perder a Festa do Marisco do ano 2018. A tan só dous meses de celebración da LV edición do evento, a súa promoción e organización atópase xa en marcha, polo que nas vindeiras semanas son moitas as accións e propostas postas en marcha polo Concello do Grove para ese fin.