O Concello do Grove anima á participación no Concurso de Carteis da Festa do Marisco 2019
Fecha: 2018-08-22
O prazo de presentación das propostas remata o vindeiro 28 de setembro.
O Concello do Grove lembra que está aberto o prazo de presentación de orixinais para participar no concurso do cartel da Festa do Marisco de 2019. As bases, que foron aprobadas en setembro do ano pasado, están dispoñibles na web do Concello e na de Turismo do Concello. O premio está establecido en 500 euros e os bosquexos poderán se entregados nas oficinas do Concello ata as 14.00 horas do 28 de setembro de 2018.
O cartel, que terá unhas medidas de 30x45 cm, en sentido vertical ou horizontal, deberá incluír o anagrama que o Concello do Grove ten rexistrado (centola con cunca) e as datas nas que terá lugar a seguinte festa (do 3 ao 13 de outubro de 2019), ademais de incluír expresamente o nome de “Festa do Marisco. O Grove 2019”.