Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove asina o convenio coa Xunta de Galicia para a posta en marcha do comedor escolar de Rosalía de Castro

Fecha: 2018-08-31

 

O alcalde e a concelleira de Educación desprazáronse a Santiago para a sinatura do documento.

 

O alcalde do Grove asinou onte un convenio co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a través do cal ambas as entidades colaborarán na posta en marcha dun comedor escolar no CEIP Rosalía de Castro. Deste xeito dáse resposta á demanda da comunidade educativa de contar cun espazo destas características para contribuír á conciliación da vida laboral e familiar.

 

O Concello do Grove achegará 30.000 euros e as subministracións necesarias básicas (abastecemento de auga, saneamento e electricidade), mentres que a Consellería disporá de 36.363,30 euros que se destinarán á licitación, dirección e execución das obras dun módulo prefabricado que se situará no patio do Centro educativo. O referido módulo disporá de 60 metros cadrados nos que se poderá prestar servizo ata a 40 comensais de xeito simultáneo, quedando á disposición do centro a organización ou non en varias quendas. A asociación de nais e pais será quen se ocupe da xestión do comedor.

 

Segundo indican desde a Xunta de Galicia, o obxectivo é que o comedor comece a funcionar a fins de setembro ou comezos de outubro deste mesmo ano.