Irmandamento bracarense
Fecha: 2010-09-22
O Concello do Grove e a Cámara Municipal de Braga asinarán un convenio de irmandamento. Con este acordo preténdese implementar o intercambio cultural, turístico e gastronómico entre as dúas localidades.
Xa que logo, Braga será a cidade homenaxeada este ano no Día de Portugal, que se celebrará o sábado 2 de outubro dentro dos actos da XLVII Festa do Marisco.
Onte desprazáronse ata a localidade lusa o alcalde do Grove e o concelleiro de Turismo, Jorge Olleros, para falar desta celebración e ultimar os puntos do mencionado convenio. O vindeiro 2 de outubro serán as autoridades da cidade portuguesa as que se despracen ata a nosa vila para asistir aos actos da celebración e asinar formalmente o convenio de irmandamento.