Aberto o prazo para presentación de ofertas para a rehabilitación do punto de atención da praia da Lanzada
Fecha: 2018-08-31
A información completa para os interesados atópase publicada no perfil do contratante da páxina web do Concello do Grove.
O Concello do Grove acaba de anunciar a convocatoria dun contrato para rehabilitar o punto de atención da zona coñecida como o Sanatorio na praia da Lanzada. O valor do referido contrato establécese en preto de 35.000 euros e o prazo de presentación de ofertas é de 20 días naturais desde a publicación do anuncio no perfil do contratante (22 de agosto).
A intención desta reforma é mellorar o mal estado en que se atopa esta infraestrutura e atende á concesión inicial dunha axuda por parte do departamento de Turismo da Xunta de Galicia. A obra deberá realizarse durante o mes de setembro, atendendo á imposibilidade de poñela en marcha con anterioridade, tanto por cuestións administrativas como por incompatibilidade coa actividade da praia.