Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove saca a concurso unha pantalla publicitaria para explotar durante a Festa do Marisco

Fecha: 2018-09-12

 

As condicións do contrato están dispoñibles no perfil do contratante do Concello.

O Concello do Grove licitou a pasada semana a saída a concurso dunha pantalla publicitaria que se colocará no recinto da Festa do Marisco do Grove. As condicións técnicas para participar no referido concurso están recollidas no Perfil do Contratante do Concello do Grove. Debe terse en conta que o concesionario poderá explotar a venda dos espazos publicitarios dispoñibles durante todos os días da festa e incluír nas emisións unha porcentaxe determinada de avisos e información específica da Festa do Marisco e do Concello. O prazo de presentación de propostas remata a finais desta semana.