Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Grande expectación para I Campionato de Pesca Submarina Concello do Grove

Fecha: 2018-09-27

 

Xa se superan as 40 inscricións.

 

A vindeira fin de semana terá lugar no Grove o I Campionato de Pesca Submarina Concello do Grove, que a pasada semana foi presentado ante os medios de comunicación. Xa se superan as corenta participacións inscritas, o que dá conta da expectación e interese que está espertando esta proba deportiva. En termos xerais estas probas dificilmente superan a vintena de participantes, mais nesta ocasión duplicouse a participación para este evento deportivo.

 

O campionato está organizado polo Club Subacuático Pérez Sub e conta co apoio da Federación Galega de Submarinismo (FEGAS). A proba comezará o sábado 29 de setembro, ás 15.00 horas, na praia da Barrosa, en San Vicente, e a posterior entrega de premios será no Naútico, que se atopa nesa mesma praia. O prezo por participación, que inclúe a cea, é de 8 euros para os socios e 10 para os non asociados.