O Concello do Grove abre o prazo de inscrición no servizo de piscina para maiores
Fecha: 2018-09-27
O prazo abrirase o vindeiro mércores 3 de outubro
O Concello do Grove anuncia a apertura do prazo de inscrición para o servizo de piscina para maiores. A partir do 3 de outubro as persoas interesadas deberán rexistrarse no Edificio Administrativos no horario habitual de Rexistro (9.00 a 14.00 horas). O programa, que ten habitualmente unha gran acollida, está dirixido a persoas maiores de 50 anos que poden escoller entre as quendas previstas.
A actividade desenvolveranse nas instalacións do Hotel Louxo da Illa da Toxa os luns, mércores e venres de 9.15 a 10.15 horas cun custo de 24 euros ao mes por un día á semana ou de 42 euros ao mes se se escolle asistir dúas xornadas por semana.