Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove xa conta con autorización de Patrimonio para o Skate Park da praza do Corgo

Fecha: 2018-10-16

 

O Concello do Grove acaba de recibir a autorización do servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia para a construción do Skate Park na praza do Corgo, segundo o proxecto realizado polo Goberno local e que conta con financiamento do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Na última reunión mantida coa Conselleira do Mar en relación a este tema indicouse que a ausencia de permiso de Portos para esa obra –que se demora xa desde abril de 2017– debíase a que non se recibira permiso por parte e Patrimonio. Unha vez recibido este permiso, que lle foi tamén remitido directamente a Portos de Galicia, só queda a autorización desta entidade para poder poñer en marcha as obras.

 

Desde o Concello do Grove agárdase recibir de xeito inmediato o permiso de Portos pendente xa que, unha vez máis, a lentitude desta administración entorpece o correcto desenvolvemento dos investimentos previstos polo municipio, poñendo en risco axudas recibidas doutras administracións e, polo tanto, causando un grave prexuízo aos veciños e veciñas do Grove.