O Concello do Grove ofrece unha nova andaina
Fecha: 2018-10-19
Logo das actividades de verán, comézase o outono cunha andaina á fervenza do Toxa.
O Concello do Grove anuncia unha nova andaina dentro do programa de fomento da actividade deportiva municipal. Neste caso trátase dun traxecto de 10 quilómetros á fervenza do río Toxa, en Silleda. A data prevista é o vindeiro sábado 27 de outubro e o prezo da actividade será de 23 euros, incluída a comida. Como é habitual, a inscrición pode realizarse no Servizo de Deportes do Concello.