Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Xa temos cartel para a Festa do Marisco 2011

Fecha: 2010-09-24

Onte coñeceuse o ditame do Concurso de Carteis da XLVIII Festa do Marisco, que se utilizará na festa do ano próximo. De entre os 22 deseños presentados, o xurado elixiu o traballo de Silvia López Costa, deseñadora gráfica residente en Barrantes que traballa nunha empresa grovense.

 

Destaca a orixinalidade da obra, pois as figuras que representan os mariscos están realizadas en plastilina.

 

O cartel gañador será presentado o martes 5 de outubro na carpa institucional da festa ás 12.30 horas.

 

Parabéns, Silvia!