O Concello do Grove conquire unha axuda do IDAE pola reforma da Rúa Alexandre Bóveda
Fecha: 2018-10-26
A axuda recoñece o valor da proposta na consecución dunha “mobilidade urbana sustentable”
O Grove, 26 de outubro de 2018. O Instituto para á Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDEA) dependente do Ministerio para Transformación Ecolóxica do Goberno de España ven de comunicarlle ao Concello do Grove a resolución favorable dunha axuda financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europa para a “reurbanización e ordenación da Rúa Alexandre Bóveda”.
Trátase dunha axuda de 101.462,75 euros para o proxecto de humanización realizado nesa rúa e que tivo un custe total de 126.828,44 euros. A resolución da axuda recoñece que o proxecto “resolve problemas de tráfico e aplica criterios de mellora da seguridade viaria, mobilidade sustentable e eficiencia enerxética”. Dito obxectivo tense acadado coa conversión desta rúa en zona 30 e de único sentido de circulación, dentro do PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sustentable) do Concello do Grove. De feito considerase esta actuación crucial para “actuacións posteriores de humanización do casco antigo, que minimizarán a presenza de vehículos na zona, reducíndose así as emisións de CO2”.
Esta concesión supón unha nova moi positiva para todos os veciños e veciñas do Grove tanto pola redución do investimento municipal destinado a esta actuación en concreto, que permite contar con recursos para acometer outras melloras, como polo recoñecemento das melloras producidas na localidade no relativo á mobilidade, que permiten confirmar o bo camiño marcado para conseguir notables melloras no Grove.