O Concello do Grove abre un novo concurso para optar a bancadas no mercado municipal
Fecha: 2018-11-07
A Xunta de Goberno Local aprobou o luns un novo procedemento para adxudicar estes espazos.
A Xunta de Goberno Local do pasado luns puxo en marcha un novo procedemento para adxudicar bancadas libres no mercado municipal do Corgo. Tal e como se tiña comprometido, o Concello tenta tramitar todos os procedementos necesarios para facilitar o acceso a estes espazos de negocio de tal xeito que a ocupación deste espazo se dinamice o máximo posible. Neste caso póñense a disposición dos interesados a bancada 7 da zona de venda de peixes e mariscos e as bancadas 5, 9, 110, 15, 20, 22 e 23 da de verduras e outros produtos. A información para poder concorrer a estes espazos está dispoñible no perfil do contratante na páxina web do Concello e o prazo de presentación de documentación remata o vindeiro 21 de novembro.